Convocatoria de prensa
CONVOCATORIA DE PRENSA PARA O VENRES, 11 DE XANEIRO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
13:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Concelleira de Economía do Concello de Lugo, Ana Prieto, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, xunto con outras autoridades, participan no sorteo dos gañadores da campaña Merca e Gaña polo Nadal, organizado polo Goberno da Deputación.
Salón de Actos-Deputación de Lugo-
17:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurará a exposición Semana Santa de Burela. Hai un lugar para ti.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
21:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, asistirá ao Monólogo de JJ Vaquero, organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón.
Auditorio Gustavo Freire –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-