CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES,8 DE XANEIRO
10:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na inauguración do Campus de Emprendemento Sostible que organiza o organismo provincial na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
IES Becerreá –Becerreá-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-