Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 4 DE XANEIRO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
18:00 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, xunto a outras autoridades, asistirán á actuación de Os Bolechas, enmarcada no Plan Life Lugo+Biodinámico, co que colabora o organismo provincial.
Praza de San Marcos –Lugo-
20:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na clausura da fase nacional do II Torneo de Nadal de Fútbol Sala Base, organizado polo club Lugo Sala, co que colabora o organismo provincial.
Pazo Municipal dos Deportes –Lugo-
20:45 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará no Torneo de Reis, organizado pola SCD Milagrosa coa que colabora o organismo provincial.
Campo Luís López Gorgoso –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
10:30 e 13:30 HORAS: Planetario Ciencia Kids.
Centro Sociocultural -Bóveda-
16:30 HORAS: Queres que cho conte? Palimoco Teatro.
Casa da Cultura de Feira do Monte -Cospeito-
16:30 e 19:30 HORAS: Planetario Ciencia Kids.
Casa do Concello -Ribas de Sil-
17:00 HORAS: Actuación do Mago Rafa.
Centro Social -Negueira de Muñiz-
17:00-20:00 HORAS: Rei Mago recibe aos nenos na carpa da Praza Maior.
Praza Maior -Lugo-
17:00-20:00 HORAS: Obradoiro de Manualidades, Imos facer aos Reis Magos, na carpa da Praza Maior.
Praza Maior -Lugo-
17:00-20:00 HORAS: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior.
Praza Maior -Lugo-
19:30 HORAS: Queres que cho conte? Palimoco Teatro.
Centro Cultural Xosé Manuel Carballo (Teleclube) -Castro de Rei-