Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 3 DE XANEIRO
11:00 HORAS.- Sesión Extraordinaria do Pleno da Deputación.
Salón de Plenos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
10:30 HORAS E 13:30 HORAS: Planetario Ciencia Kids.
Auditorio Municipal –Chantada-
12:00 HORAS: Queres que cho conte? Palimoco Teatro.
Centro sociocultural Díaz Sampedro -San Cosme, Barreiros-
16:00 HORAS: Queres que cho conte? Palimoco Teatro.
Salón de Actos da Casa do Concello –Cervo-
16:00 HORAS - 20:00 HORAS: Obradoiro:Xogando cos Sentidos.
Mercado de Nadal, Praza de San Marcos -Lugo-
16:30 HORAS E 19:30 HORAS: Planetario Ciencia Kids.
Pavillón Municipal -O Saviñao-
20:00 HORAS: Recital da Asociación amigos C. Santiago,
Rúa San Marcos, na Rúa Progreso e na Rúa da Raíña -Lugo-