Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

 

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 27 DE DECEMBRO


17:30 HORAS.- O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, inaugurará a exposición infantil de fotografía, enmarcada nas actividades da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño.

 

Centro de Interpretación Terras do Miño, Paseo do Río Rato –Lugo-


20:15 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina María Doutón Rajo, participarán no concerto de Nadal da Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos, coa que colabora o organismo provincial.

 

Casa da Cultura, Rúa Poeta Lois Pereiro –Monforte de Lemos-


20:30 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, xunto a outras autoridades, participarán na proxección do curto de animación Memorias de un hombre en pijama.

 

Auditorio Abanca, Rúa Preguntoiro –Santiago de Compostela-


OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.

 

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

 

Sala de Exposicións –Deputación-


DESCARGAR PDF