CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO,22 DE DECEMBRO
12:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, inaugurarán as novas instalacións da Sociedade Protectora de Animais do Valadouro, financiadas polo organismo provincial.
Vilaestremil (Recaré) –O Valadouro-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Sala de Exposicións –Deputación-