CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 21 DE DECEMBRO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
11:45 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto con outras autoridades, presentará Edición XXIV da Carreira Popular San Silvestre, coa que colabora o Goberno da Deputación.
Sede do Club Fluvial –Lugo-
12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
13:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, presentará o programa das actividades gratuítas do 1º trimestre de 2019 do Centro de Interpretación das Terras do Miño, que organiza o Goberno da Deputación.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
17:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, inaugurará a feira ArteNadal.
Praza Anxo Fernández (detrás do Concello) –Lugo-
17:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, acompañados dos artesáns, inaugurarán o Mercado de Nadal 2018 da Deputación. Nesta edición participan 13 profesionais que amosarán os seus traballos e venderán os seus produtos nas 12 casetas instaladas na Praza de San Marcos.
Praza de San Marcos –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Sala de Exposicións –Deputación-