CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 20 DE DECEMBRO
10:00 HORAS.- O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e o Presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, participarán na Xornada Técnica que realiza esta asociación, coa que colabora o Goberno da Deputación.
Salón de Actos da Graxa Gaioso Castro –Castro Riberas de Lea-
10:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, xunto con outras autoridades, participará na entrega de diplomas da Escola de Alta Montaña de Becerreá.
Salón de Actos da Escola de Alta Montaña–Becerreá-
11:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o Presidente de Lugo Centrum CCA, José Luis Pérez, e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, participarán na presentación das actividades de nadal de Lugo Centrum CCA, coas que colabora o Goberno da Deputación.
Diante da Carpa do Concello–Lugo-
13:30 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto coa alcaldesa de Viveiro María Loureiro García, e membros da directiva de ASPANANE participará na Festa de Nadal de ASPANANE, coa que colabora o Executivo Provincial.
Restaurante O Val do Naseiro–Viveiro-
19:00 HORAS.- A Deputada de Economía Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto con outras autoridades, participará na inauguración do IV Mercado de Nadal “A Trastenda de Nicomedes”.
Sala Multiusos do Concello –Viveiro-
19:00 HORAS.- A Deputada de Benestar Social, Sonsoles López Izquierdo, a Presidenta Asociación Down Lugo, María José Blanco Freire, a Conselleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión de Lugo, Ana González Abelleira, xunto con outras autoridades, participarán na Reunión do xurado do XVII Concurso Autonómico de Postais de Nadal, organizada pola asociación Down Lugo.
Local da Asociación Down –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Sala de Exposicións –Deputación-