Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 18 DE DECEMBRO

09:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, inaugurarán as Xornadas “Turismo Agroalimentario e desenvolvemento local”, que promove o Executivo Provincial.

Salón de Actos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON


11:30 HORAS.- O Voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentarán a Campaña Merca e Gaña polo Nadal, coa que colabora o Goberno da Deputación.

Comercio Entrefíos (Campo da Feira) –Guitiriz–


12:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentará as actividades de Nadal que promove o Goberno da Deputación de xeito gratuíto, nos 67 Concellos da Provincia.

Área de Cultura –Deputación de Lugo-


19:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto clausurará o Congreso Internacional Musapalabra-Oficio de Palabreirxs: Migración. Neste acto, tamén se presentará o Catálogo Eu..Ti..Elas.. Nosoutras Nosoutrxs en Rede.

Museo Provincial–Lugo –


20:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto con outras autoridades, entregará os Premios do Concurso de Tapas de Muimenta.

Casa da Cultura (Local Social de Empresarios) – Muimenta –


OUTRAS CONVOCATORIAS:

09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

Sala de Exposicións –Deputación-


Descargar PDF