CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO,15 DE DECEMBRO
11:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto con outras autoridades, participará na inauguración do novo local da Asociación Raiolas, coa que colabora o Executivo Provincial.
Rúa Músico Falla, 21 –Lugo-
12:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará na entrega dos Premios do VII Concurso de postais do Nadal FAPACEL, co que colabora o Goberno da Deputación.
Museo Provincial –Lugo-
16:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participarán na inauguración do campo de fútbol do Corgo, financiado con fondos provinciais.
Campo de fútbol –O Corgo-
17:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará na presentación do proxecto Culturas en Diálogo: Lugo-Cuba, unha iniciativa enmarcada dentro do Congreso Internacional Musapalabra, que promove o Goberno da Deputación.
Museo Provincial –Lugo-
21:30 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na homenaxe a Pablo Dapena González, Campión do Mundo de Triatlón de longa distancia, así como na presentación dos títulos de campións da Liga Nacional de Clubs feminino e masculino desta especialidade.
Restaurante San Lázaro –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Sala de Exposicións –Deputación-