Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

 

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES,13 DE DECEMBRO


11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.

 

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-


11:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentarán a nova campaña de impulso do comercio local Merca e Gaña polo Nadal.

 

Praza de España–Chantada-


11:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto coa Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, e a Concelleira de Cidadanía de Lugo, Rosana Rielo, presentarán a programación para o nadal no Concello de Lugo.

 

Vello Cárcere–Lugo-


12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.

 

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-


12:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentarán a nova campaña de impulso do comercio local Merca e Gaña polo Nadal.

 

Praza de España–Monforte de Lemos-


13:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participarán na Festa de Nadal dos Maiores.

 

Escola de Imaxe e Son, Rúa Frei Plácido Lemos –Lugo-


13:00 HORAS.- O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, xunto con outras autoridades, participará na clausura e entrega de diplomas do Máster en Producción de Leite da USC

 

Salón de Actos –Casa do Saber-


13:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación Argelio Fernández Queipo, xunto con outras autoridades, participará na clausura e entrega de diplomas do Máster de Enxeñaría da Madeira da USC.

 

Salón de Actos –EPS-


16:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, participará no acto de inauguración do Congreso Internacional Musapalabra-Oficio de Palabreirxs: Migración, Organizado pola Rede Museística.

 

Museo Provincial –Lugo-


OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.

 

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

 

Sala de Exposicións –Deputación-


DESCARGAR PDF