Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

 

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES,13 DE DECEMBRO


12:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e o Presidente do Muralla Rugby Club Lugo, Iago Cobas Rodríguez,  presentarán a VI Concentración de Rugby Base.

 

Salón de Actos da Deputación –Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON


12:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto con outras autoridades, participará na Xuntanza da Asociación Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

 

Sala de Xuntas do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra –Monforte-


14:30 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, xunto con outras autoridades, participarán na homenaxe ao Comisario Xefe Provincial da Comisaría Provincial de Lugo, Antonio Villamarín Rielo.

 

Restaurante La Palloza –Lugo-


20:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, participará no IV Festival Mural Folk.

 

Centro Cultural O Vello Cárcere –Lugo-


20:30 HORAS.- A Deputada de Benestar Social e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito Cociña, participarán no IX Festival de Danza a Favor de UNICEF.

 

Auditorio Gustavo Freire -Lugo-


21:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o representante da Asociación Dereito Deportivo, Jacobo Vázquez Rodríguez, participarán na clausura da Xornada sobre Dereito Deportivo.

 

Salón de Actos da Deputación -Lugo-


OUTRAS CONVOCATORIAS:

 

09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.

 

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición O mundo ao principio. “Infans” da artista Virginia Rota, gañadora da VI Edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

 

Sala de Exposicións –Deputación-


11:00-13:00 HORAS: Continúa o Taller de Facebook, incluído dentro da nova programación de cursos para maiores do IN-LUGO, o 1º centro de innovación social de Galicia.

Escola de Imaxe e Son, Rúa Frei Prácido Rei Lemos -Lugo-


11:00-13:00 HORAS: Continúa o Taller de Internet, incluído dentro da nova programación de cursos para maiores do IN-LUGO, o 1º centro de innovación social de Galicia.

Escola de Imaxe e Son, Rúa Frei Prácido Rei Lemos -Lugo-


DESCARGAR PDF