Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación renova o seu compromiso coa Asociación de Amigos dos Cruceiros, para fomentar a investigación neste eido

Asociación de Amigos dos Cruceiros
Asociación de Amigos dos Cruceiros

 O Executivo Provincial renovou o seu compromiso coa Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, coa sinatura dun convenio polo que o colectivo recibiu unha achega de 4.700 euros, coa que continuar realizando estudos e investigacións sobre os cruceiros. Os resultados desta análise, son achegados ao público polos expertos cada ano a través do Congreso Galego de Cruceiros de Galicia. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación, Fernando Arribas Arias asinaron este luns a renovación do convenio. García Porto subliñou que “a Asociación de Amigos dos Cruceiros é o único colectivo de España que revisa información sobre cruceiros e continúa a investigar e a renovar os coñecementos que temos sobre estes monumentos, tan vencellados á cultura e á identidade galega. Hai que destacar, ademais, que grazas á Deputación, que financiou os 5 últimos encontros, aumentou o pulo investigador neste eido en Lugo. Pasamos de ser unha provincia pouco coñecida a ser un territorio referente”.