Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 30 DE NOVEMBRO
10:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, manterá un encontro cos alumnos do IES Pedregal de Irimia participantes na 5ª Semana Escolar da Provincia Viaxe pola agroalimentación lucense, organizada coa colaboración do organismo provincial.
IES Pedregal de Irimia –Meira-
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto a outras autoridades participará nos actos de celebración do XVIII Aniversario do Nomeamento como Patrimonio da Humanidade da Muralla.
Diante da Mosqueira –Lugo-
13:45 HORAS.- A Deputada de Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, manterá un encontro cos alumnos do IES Lucus Augusti participantes no programa Ver para erradicar, organizado por ACADAR coa colaboración do organismo provincial.
IES Lucus Augusti –Lugo-
Casa da Cultura –Guntín-
20:20 HORAS.- A Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participarán na entrega do I Premio de Novela Irmáns Vilar Ponte.
Teatro Pastor Díaz, Rúa Constanza de Castro –Viveiro-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-