Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 28 DE NOVEMBRO
12:30 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada de Benestar Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto a outras autoridades, participarán na xornada 8 Meses, 8 Problemas. Por un Lugo totalmente accesible, organizada por Auxilia Lugo, coa que colabora o organismo provincial.
Atrio da Catedral –Lugo-
19:30 HORAS.- O Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, participará na clausura das conferencias Luis Asorey, organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración do organismo provincial.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
20:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, presentarán a publicación A Idade do Ferro de Xosé Salgado, coa que colabora o organismo provincial.
CENTRAD –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-