Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 23 DE NOVEMBRO
9:30 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, xunto con representantes de outras institucións participará na Inauguración das XXIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, organizadas pola Cofradía de Pescadores “Santiago Apostol”
Porto de Celeiro –Celeiro, Viveiro-
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
11:00 HORAS.- Membros do Goberno Provincial participarán nos actos con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Fundación TIC –Lugo-
12:15 HORAS.- Membros do Goberno Provincial participarán na lectura do manifesto con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Praza de San Marcos –Lugo-
13:00 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
17:00 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará na presentación do calendario benéfico 2019 de ASPNAIS.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
18:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na entrega dos “Premios Meninas” con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Delegación do Goberno de Galicia –A Coruña-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-