Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 19 DE NOVEMBRO
12:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, participará no minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico.
Xefatura Provincial de Tráfico –Lugo-
17:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto a técnicos provinciais, trasladaranse a Viveiro para abordar, xunto a Alcaldesa, María Loureiro García, e técnicos municipais, colaboracións conxuntas para afrontar os traballos de emerxencia por mor das fortes choivas.
Punto de Encontro: Casa do Concello -Viveiro-
19:30 HORAS.- O Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, inaugurará o ciclo de conferencias Luis Asorey, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, co que colabora o organismo provincial.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-