Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 16 DE NOVEMBRO

11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.

 

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-


12:00 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta da Xunta de Goberno da Deputación.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON


12:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado de membros da corporación provincial e outras autoridades, participará nos actos conmemorativos do 50 aniversario de ACRUGA.

 

Pazo de Feiras e Congresos –Lugo-


20:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará no Faladoiro Feminista a cargo de Carme Adán, e que leva por titulo: “Novos conceptos para pensar a violencia: feminicidio”. Esta iniciativa, está organizada pola Deputación e Concello, e pretende crear un espazo de reflexión e estudo sobre o papel da muller na actualidade, dende un punto de vista feminista.

 

Vello Cárcere –Lugo-


21:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na Gala de Deportistas da Milagrosa 2018, coa que colabora o Goberno da Deputación.

 

Restaurante Manuel Manuel –Lugo-



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


Descargar PDF