Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 15 DE NOVEMBRO

11:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participarán na presentación da II Xornada técnica monográfica do porco celta en Galicia, organizada pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, coa que colabora o organismo provincial.

 

Salón de Xuntas do Pazo de Feiras e Congresos –Lugo-


12:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, presentará unha nova iniciativa de impulso para proxectos emprendedores no rural da Provincia.

 

Salón de Actos –Deputación-


12:30 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, asinarán o convenio de colaboración para a construción dun refuxio de animais, que financia integramente o organismo provincial.

 

Salón de Plenos do Concello de –Foz-


13:30 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará na presentación da campaña Concienciación e visibilidade do pequeno comercio local, da Federación de Comercio da Mariña, coa que colabora o organismo provincial.

 

Edificio Cenima –Foz-


19:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Vicerreitora do Campus de Lugo USC, Montserrat Valcárcel Armesto, inaugurarán o programa Divulgaterra, co que colabora o organismo provincial.

 

Casa do Saber, Praza Pío XII –Lugo-


 

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


Descargar PDF