Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 14 DE NOVEMBRO
10:00 HORAS.- A Deputada de Promoción, Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará nas actividades para conmemorar o Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC). Esta iniciativa esta organizada polo grupo de traballo da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR),coa instalación dunha mesa informativa no Pazo de San Marcos, na que un equipo de facultativos realizará probas de detección da enfermidade ás persoas interesadas.
Praza de San Marcos –Lugo-
11:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, a Deputada de Promoción, Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o Presidente da Cruz Roja en Lugo, Luis Abelleira Mayor e o Director Deportivo do Breogán, Enrique Fernández Fraga, presentarán o novo partido solidario do equipo lucense.
Sede de Cruz Roja, Avda. de Madrid –Lugo-
11:30 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Presidente da RAG (Real Academia Galega), Victor Fernández Freixanes e a Tesoureira, Marilar Alexandre, asinarán o convenio de colaboración entre ambas entidades.
Sala de Xuntas –Deputación-
13:00 HORAS .- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, visitará aos alumnos do Campus de Emprendemento Sostible, co que colabora o Goberno da Deputación.
Escola de Alta Montaña –Becerreá-
19:30 HORAS .- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o coordinador do grupo DOXA, Juan Carlos Fernández Naveiro e o Director de El Progreso, Lois Caeiro, presentarán “Filosofía en plural”, un texto editado pola Deputación, que recolle unha recompilación de artigos de este grupo de pensamento lucense.
Sala Central –CENTRAD-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-