Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 13 DE NOVEMBRO
12:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, o Presidente da Federación Galega de Automobilismo, Ivan H. Corral Pérez; a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e o Presidente da Escudaría Mix Raly Sports, Ignacio Vila, xunto a outras autoridades, presentarán o X Rally Comarca da Ulloa, co que colabora o organismo provincial.
Praza de San Marcos –Deputación de Lugo-
12:10 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, participarán no Ver para erradicar, a programación de ACADAR coa que se ofrece formación a mozos sobre a discriminación á muller discapacitada.
Concello de –Santiago de Compostela-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-