Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 10 DE NOVEMBRO
09:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, inaugurarán a II Xornada de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro.
Salón multiusos do Concello –Viveiro-
10:45 HORAS.- A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, participarán nos XXII Xogos Autonómicos de Baloncesto, organizados por Special Olympics coa colaboración do organismo provincial.
Pavillón Vista Alegre –Burela-
14:00 HORAS.- O Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, participarán no tradicional xantar de maiores do municipio.
Pavillón dos Deportes –Meira-
21:00 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, inaugurarán as obras do local La Unión, que financiou o organismo provincial.
Rúa Matías López –Sarria-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-