Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 3 DE NOVEMBRO
09:30 HORAS.- O Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, e o Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, participarán nas V Xornadas Provinciais de Protección Civil da Provincia de Lugo, coas que colabora o organismo provincial.
Salón de Actos do Concello –A Fonsagrada-
10:00 HORAS.- O Deputado de Participación Cidadá, Pablo Rivera Capón, inaugurará a VI Xornada de Iniciación a Micoloxía, organizada pola USC coa colaboración do organismo provincial.
Estación Científica –Folgoso do Courel-
10:50 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández Méndez, participarán na andaina cardiosaudable, organizada pola Federación de Veciños, coa colaboración do organismo provincial.
Punto de encontro: Paseo do río Rato –Lugo-
12:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na Feira de Santos de Abadín, coa que colabora o organismo provincial.
Recinto Feiral –Abadín-
13:00 HORAS.- O Deputado de Participación Cidadá, Pablo Rivera Capón, participará na XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel, coa que colabora o organismo provincial.
Souto da Carroza –Folgoso do Courel-
13:45 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participarán na homenaxe a Isidro Novo.
Rúa Bispo Aguirre, 10 –Lugo-
20:00 HORAS.- O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, participará no I Memorial José López Veiga.
Igrexa de Santiago La Nova –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-