Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 30 DE OUTUBRO
11:00 HORAS.- Sesión ordinaria do Pleno da Deputación.
Salón de Plenos –Deputación de Lugo-
20:00 HORAS.- O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo e o Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso Díaz, presentarán a 5ª edición da Revista Micolucus, coa que colabora o organismo provincial.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
11:00-13:00 HORAS: Continúa o curso Manexo básico de móbil-smartphone, enmarcado na programación de actividades do InLugo.
Local Asociación Amas de Casa Alborada, San Ciprián –Cervo-
16:30-18:30 HORAS: Continúa o curso Manexo básico de móbil-smartphone, enmarcado na programación de actividades do InLugo.
Escola da Pinguela –A Pastoriza-
17:00-19:00 HORAS: Continúa o curso Manexo básico de móbil-smartphone, enmarcado na programación de actividades do InLugo.
Escola de Guritos –Alfoz-