Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 29 DE OUTUBRO

 

12:30 HORAS.- A Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, presentará a proposta do Goberno Provincial para establecer a gratuidade do servizo de recadación tributaria aos concellos.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


13:00 HORAS.- O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, participará na presentación da XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel, coa que colabora o organismo provincial.

 

Salón de Actos do Concello de –Folgoso do Courel-


18:30 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, comparecerá na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para informar sobre as liñas xerais do presuposto da Deputación para 2019.

 

Parlamento de Galicia, Rúa do Hórreo –Santiago de Compostela-



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


11:00-13:00 HORAS: Continúa o curso Manexo básico de móbil-smartphone, enmarcado na programación de actividades do InLugo.

Local Asociación Amas de Casa Alborada, San Ciprián –Cervo-


16:30-18:30 HORAS: Continúa o curso Manexo básico de móbil-smartphone, enmarcado na programación de actividades do InLugo.

Escola da Pinguela –A Pastoriza-


17:00-19:00 HORAS: Continúa o curso Manexo básico de móbil-smartphone, enmarcado na programación de actividades do InLugo.

Escola de Guritos –Alfoz-


Descargar PDF