Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 27 DE OUTUBRO
09:30 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, inaugurará a xornada Agroecoloxía: unha montaña de oportunidades, coa que colabora o organismo provincial.
Estación Científica do Courel –Seoane do Courel-
10:15 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurará a XI Xornada de Literatura de Tradición Oral: O rol da muller na literatura de tradición oral, coa que colabora o organismo provincial.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
11:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na X Tasca do Liño de Insua, coa que colabora o organismo provincial.
Campo da festa da parroquia da Insua –Vilalba-
12:30 HORAS.- O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, participará na poxa de gando vacún de raza rubia galega organizada por Acruga.
Recinto Feiral de Adai –O Corgo-
13:45 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, entregará os trofeos da Liga Provincial de Piragüismo.
Restaurante O Noso Lar, San Ciprián –Cervo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-