Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIA DE PRENSA PARA O MARTES, 23 DE OUTUBRO


09:30 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e a Presidenta de UNIATRAMC participarán na apertura das xornadas de información, divulgación e ampliación de coñecementos do sector marisqueiro, redeiras e pesca artesanal, coas que colabora o organismo provincial.

 

Salón Multiusos –Viveiro-


12:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, xunto a outras autoridades presentarán o 40 Rally San Froilán, co que colabora o organismo provincial.

 

Praza de San Marcos –Lugo-


12:45 HORAS.- A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández, presentarán o certame de teatro Superarte, co que colabora o organismo provincial.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


13:15 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, supervisarán investimentos do organismo provincial neste Concello.

 

Punto de encontro: Praza de España –O Incio-


17:30 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará no encontro veciñal Entreveciños.

 

Caixabank, Praza de Ferrol –Lugo-

 

 

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.


Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


Descargar PDF