Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O DOMINGO, 21 DE OUTUBRO



10:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participarán na inauguración da XII Xornada Renal organizada por Alcer Lugo, asociación coa que colabora o organismo provincial.

 

Salón de Actos do HULA –Lugo-


12:30 HORAS.- A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, xunto a outras autoridades, participarán nos actos con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama.
 

Xardíns da Mosquera –Lugo-


14:00 HORAS.- A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, participarán na clausura da XII Xornada Renal organizada por Alcer Lugo, asociación coa que colabora o organismo provincial.

 

Salón de Actos do HULA –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


Descargar PDF