Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 18 DE OUTUBRO

 

11:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Concelleira de Benestar de Lugo, Ana Abelleira González, e a representante do Foro Feminista Maruja Mallo, Carmen Simón, presentarán a nova edición dos Faladoiros Feministas.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

Importante: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


11:15 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o Director da AGADIC,  Jacobo Sutil, o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o Subdirector do Resurrection Fest, David Méndez, informarán sobre o impacto económico do Resurrection Fest.

 

Delegación Territorial da Xunta de Galicia –Lugo-


12:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentará o proxecto creación dun ecosistema integrado de turismo científico Ancares-Courel.

 

Estación Científica do Courel –Folgoso do Courel-


13:30 HORAS.- O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, participará na Feira das San Lucas de Mondoñedo, coa que colabora o organismo provincial.

 

Campo da Festa  –Mondoñedo-


16:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López Yáñez, e o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, inaugurarán a IX Feira Outlet, coa que colabora o organismo provincial.

 

Praza Anxo Fernández Gómez –Lugo-


18:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Concelleiro de Deporte de Lugo, Miguel Fernández, a Conselleira delegada do CD Lugo, Olga Rouco Calaza, presentarán a Liga Genuine CD Lugo, unha iniciativa incluída dentro do contrato de patrocinio entre o clube deportivo e o organismo provincial. No acto, participarán tamén representantes de colectivos sociais da provincia que participarán nesta proba deportiva.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-

Importante: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.

 

Pazo de Tor –Monforte de Lemos –


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.

 

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


Descargar PDF