Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 17 DE OUTUBRO
11:20 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, supervisarán os investimentos do Goberno Provincial en dito municipio.
Punto de encontro: Casa do Concello –Ribeira de Piquín-
11:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Cultura, José Díaz García, presentarán a ópera Madame Butterfly.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
Importante: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
11:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na presentación da X Tasca do Liño, organizada pola Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Insua, co apoio do organismo provincial.
Casa da Cultura –Vilalba-
12:30 HORAS.- O Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, dará conta de novidades relativas aos hortos ecolóxicos da Deputación no río Rato e Paradai.
Hortos do río Rato –Lugo-
17:30 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participarán na reunión constitutiva do Consello Provincial de Turismo, creado ao abeiro do 1º Plan Estratéxico de Turismo da Deputación.
Salón de Plenos –Deputación de Lugo-
20:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, participará nas Feiras e Festas das San Lucas 2018, coas que colabora o organismo provincial.
Casa do Concello –Mondoñedo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-