Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 16 DE OUTUBRO


11:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, presentarán a Feira Outlet de Lugo, coa que colabora o organismo provincial.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


12:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Castroverde, Xosé Ma Arias Fernández, supervisarán os investimentos do Goberno Provincial en dito municipio.

 

Punto de encontro: Concello de –Castroverde-


12:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, participarán na reunión do xurado do 24 Maratón Fotográfico Lugo Cultural, co que colabora o organismo provincial.

 

Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación –Lugo-


19:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participarán na presentación da película La sombra de la ley, coa que colabora o organismo provincial.

 

Círculo das Artes–Lugo-


20:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participarán na proxección da película La sombra de la ley, coa que colabora o organismo provincial.

 

Centro Comercial Abella–Lugo-


 

OUTRAS CONVOCATORIAS:

09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.

 

Pazo de Tor –Monforte de Lemos –


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.

 

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


Descargar PDF