Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 11 DE OUTUBRO
11:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto a outras autoridades, participará no Día do Camiño Primitivo, incluído na programación do San Froilán 2018.
Punto de encontro: Concello de –Lugo-
17:30 HORAS.- Deputados do Goberno Provincial participarán na campaña de promoción de doazóns de sangue do CB Breogán, Deputación e ADOS.
Fondo da Praza de Santo Domingo -Lugo-
18:00 HORAS.- O Deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela Vega, participará na inauguración da antiga nave de mecanizado do Museo do Ferrocarril de Galicia.
MUFERGA –Monforte de Lemos-
20:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participarán no XIV Entrega dos Premios El Progreso ao deporte lucense.
Auditorio Gustavo Freire –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María -Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.