Convocatoria de prensa
CONVOCATORIA DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 10 DE OUTUBRO
12:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, darán conta dun novo investimento do organismo provincial en dito concello mariñán.
Punto de encontro: Concello de –Trabada-
13:05 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará na recepción ao profesorado do proxecto Let’s bring Europe together for heritage, pertencente ao programa da Unión Europea Erasmus Plus Ka229.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
13:30 HORAS.- O Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, presentará as actividades medio ambientais gratuítas da Deputación, correspondentes ao cuarto trimestre do ano na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e no CIT Terras do Miño.
Centro de Interpretación Terras do Miño, Paseo do río Rato –Lugo-
19:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, participará na conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental e a presentación da revista Agarimo, elaborada pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, coa que colabora o organismo provincial.
Sede da Asociación, Estrada a Sargadelos –Cervo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.