Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 5 DE OUTUBRO
10:45 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará na inauguración da Marcha Ciclista Unificada, Special Olympics Galicia, coa que colabora o organismo provincial.
Concello de Friol
14:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, participarán na clausura da Marcha Ciclista Unificada, Special Olympics Galicia, coa que colabora o organismo provincial.
Área Recreativa de Parga -Guitiriz-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María -Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.