Axenda Institucional

Convocatoria de prensa

 
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 3 DE OUTUBRO


16:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará no encontro de estudantes locais do programa Promociona 2018. Farao xunto á Coordinadora da Fundación Secretariado Gitano, Belén Fernández, e á Orientadora Educativa do Programa Promociona, Olalla Radío.

 

Sede Fundación Secretariado Gitano, Ronda do Carme 50 –Lugo-


17:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurará o ArteSanFroilán 2018.
 

Praza Anxo Fernández Gómez –Lugo-


 

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.

 

Pazo de Tor –Monforte de Lemos –


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.

 

Capela de Santa María –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “CONtornos”, que recolle 48 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos Encontros Internacionais de Torneiros deste ano en Xermade.

 

Pazo de San Marcos -Lugo-


Descargar PDF