Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 2 DE OUTUBRO
10:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, supervisarán melloras na estrada provincial LU-P-1502, de Burela por Vilaestrofe, a Ferreira, que financia o organismo provincial.
Punto de Encontro: Casa do Concello do Valadouro
12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participará nos Actos con motivo do Día da Policía.
Salón de Actos Afundación –Lugo-
14:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, supervisarán melloras en dotacións públicas no Concello que financia o organismo provincial.
LU-P-5706 de Morelle (LU-636), Seteventos-Monseiro – Láncara-
20:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurará a XII Exposición Itinerante de Madeira Torneada 2018.
Sala de Exposicións – Deputación de Lugo-
20:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participará na presentación oficial do primeiro equipo do Ensino Lugo e a Canteira Durán Maquinaria Ensino.
Instalacións Durán Maquinaria, A Campiña –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-