Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 29 DE SETEMBRO
10:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará na inauguración do curso 2018/2019 do proxecto ESTALMAT Galicia para o estímulo do talento en Matemáticas, co que colabora o organismo provincial.
Aula Magna da Facultade de Matemáticas –Santiago de Compostela-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-