Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 28 DE SETEMBRO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo–
12:00 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo–
12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, asistirá ao acto institucional do Día da Subdelegación de defensa.
Subdelegación Defensa –Lugo-
17:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, inaugurará o Festival Voces de Muller, co que colabora o Goberno da Deputación.
Praza do CEI-NODUS –Lugo-
18:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, asistirá ao acto homenaxe dos xubilados ferroviarios de Monforte de Lemos.
Colexio Ferroviario –Monforte de Lemos-
19:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, inaugurará as xornadas apícolas, coas que colabora o Executivo Provincial.
Salón de Actos –Deputación-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-