Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 27 DE SETEMBRO
10:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, o xerente de Rincón de la Vega S.L. Alejandro Rogero del Río, e o representante da Asociación Nacional para a Vertebración e Defensa do Sector Resinero, Juan Carlos Álvarez Cabrero, inaugurarán a xornada sobre as posibilidades do aproveitamento resineiro en Galicia, que promove o Goberno da Deputación.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
11:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o representante de VIVEMAR, Lucas Requejo, presentarán o proxecto sociocultural que promove o Goberno viveirense para a promoción e divulgación dos valores do mar e dos ríos deste municipio da Mariña, prestando especial atención á memoria das persoas vivas.
Concello –Viveiro-
17:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o meteréologo, Martín Barreiro, acompañados de xogadores, técnicos e directivos do CB. Breogán presentarán a camiseta do clube celeste coa imaxe turística de LUGOCAMBIA, que promove a Deputación.
Pazo Universitario –Lugo-
20:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto con outras autoridades, asistirá a Xornada Informativa sobre ocupación de vivendas.
Sede de ABANCA –Lugo-
20:00 HORAS.- A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto con outras autoridades, participará no Congreso de xovenes empresarios da Mariña.
Salón de Actos do Concello –Xove-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-
11:00- 13:00 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluido na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Casa da Cultura –O Valadouro-
16:30- 18:30 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluído na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Local Social de Pousada –Pastoriza-
16:30- 18:30 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluído na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Local Social de Reigosa –Pastoriza-