Convocatoria Prensa 260918
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 26 DE SETEMBRO
10:30 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, a Concelleira de Cidadanía, Rosana Rielo, e o Presidente da Asociación Provincial de Apicultores de Lugo, Pablo Piñeiro, presentarán a primeira edición das “Xornadas Apícolas”, organizadas pola Asociación Provincial Lucense de Apicultores, que terán lugar os días 28 e 29 de setembro no Salón de Actos da Deputación.
Xardíns –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
11:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Vicepresidenta de AFALU, Iria Franco Pena, xunto cun representante do CB. Breogán, presentarán unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación.
Xardíns –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
12:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o artista Roberto González, a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro e a Xerente da Rede, Encarna Lago, presentarán o catalogo da exposición deste artista monfortino.
Museo Provincial –Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
16:15 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, supervisarán investimentos do Executivo Provincial neste Concello.
Punto de encontro: Pavillón Deportivo c/ Luís García Arias –Chantada-
18:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, manterá un encontro cos alumnos dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Local Social de Pousada –Pastoriza
20:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, participará na recepción do Comité de Expertos de EAEVE (The European Association of Establishments for Veterinary Education). Este organismo é o que inspecciona a Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da USC, que afronta esta semana o proceso de avaliación externa previo á renovación por segunda vez da acreditación europea.
Sala de Xuntas –Deputación-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-
11:00- 13:00 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluido na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Casa da Cultura –O Valadouro-
16:30- 18:30 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluído na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Local Social de Pousada –Pastoriza-
16:30- 18:30 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluído na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Local Social de Reigosa –Pastoriza-
16:30- 20:00 HORAS: Masterclass da Directora, Jaione Camborda, sobre a súa experiencia profesional.
Rúa Frei Plácido Rei Lemos –Fundación TIC-