Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 24 DE SETEMBRO
11:OO HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polin, o Alcalde de Friol, Jose Angel Santos e o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, presentarán a Marcha Ciclista Unificada Special Olympics Galicia, coa que colabora o Goberno da Deputación.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
11:30 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo e a enxeñeira, Erika Martínez Carreira, presentarán unha xornada formativa sobre as posibilidades do aproveitamento resineiro, que promove o Executivo Provincial.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
12:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na lectura do Manifesto no Día Mundial da Investigación contra o cancro.
Rúa da Raíña –Lugo-
12:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro e a Directora do Centro de Estudos da Historia da cidade de Lugo da USC, Ana Goy Diz, presentarán o programa do Congreso de Arqueoloxía do Ouro, que vai ter lugar os días 7 e 8 de novembro en Lugo.
Museo Provincial –Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
17:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Decano do Colexio de Avogados de Lugo, Felix Mondelo Santos, recibirán aos alumnos que inician o curso do Master Oficial da avogacía.
Sede do Colexio de Avogados (r, Pascual Veiga, 2) –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-
11:00- 13:00 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluido na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Casa da Cultura –O Valadouro-
16:30- 18:30 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluído na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Local Social de Pousada –Pastoriza-
16:30- 18:30 HORAS: Continúa o curso sobre Manexo básico de móbil, incluído na programación dos cursos para maiores do INLUGO, que promove o Goberno da Deputación.
Local Social de Reigosa –Pastoriza-