Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 18 DE SETEMBRO
12:00 HORAS.- O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, participará na xornada Retos e Oportunidades do Corredor Atlántico e a súa Conexión cos Portos Do Noroeste Español, organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
Salón de Actos do Recinto Feiral de Asturias “Luis Adaro” –Xixón–
12:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na presentación da XVII Volta Ciclista a Galicia, coa que colabora o organismo provincial.
Cidade da Cultura –Santiago de Compostela–
20:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurarán a exposición Cos pés na terra, que organiza o organismo provincial.
Capela de Santa María, Rolda da Muralla –Lugo–
20:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na clausura das XXXI Xornadas Penitenciarias Lucenses Concepción Arenal, coas que colabora o organismo provincial.
Centro Cultural O Vello Cárcere –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición ““Pinceladas de sombra, trazos de luz”, a retrospectiva do chantadino Manuel Jorge, que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-