Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O DOMINGO, 23 DE SETEMBRO
11:15 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, asistiran á V Edición do Torneo Lugo é basket, co que colabora o Goberno da Deputación. Neste encontro xogará o anfitrión, Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada.
Pazo dos Deportes –Lugo-
12:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na XXXI Feira do Poldro de gando do monte, que se celebra en Muras.
Montes da Gañidoira –Muras-
13:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, clausurará o XVIII Encontro Internacional de Torneiros da madeira de Castroverde, co que colabora o Executivo Provincial.
Polideportivo –Xermade-
13:30 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, entrega os premios aos gañadores da 4ª Etapa da 17º Volta ciclista a Galicia, coa que colabora o Goberno da Deputación.
Rúa Compañía –Monforte de Lemos-
14:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participará no Xantar do Día do Veciño 2018. Nese mesmo acto, o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, recibirá a V de Veciño de mans da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, en recoñecemento ao seu traballo a prol da dinamización e a promoción da provincia.
Pazo de Feiras e Congresos –Lugo-
18:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, asistirá ao encontro do de basket feminino entre o Durán Maquinaria Ensino - Patatas Hijolusa León.
Pazo dos Deportes –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos–
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-