Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 19 DE SETEMBRO
11:30 HORAS.- O Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, presentará a nova paxina web da Deputación.
Punto de encontro: 1º Andar do Pazo de San Marcos –Deputación de Lugo–
12:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Secretario da Asociación “Val de Láncara”, Carlos López Sierra e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, presentarán unha nova edición do Premio Ramón Piñeiro Facer País, co que colabora o Goberno da Deputación.
Salón de Actos –Deputación de Lugo–
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para SON
12:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, participará na visita á Catedral de Santa María e a Muralla de Lugo.
Praza Pío XII –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", do chantadino Manuel Jorge, que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-