Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 12 DE SETEMBRO
12:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto con outras autoridades, participará nunha xuntanza de traballo do Eixo Atlántico.
Concello –A Coruña–
13:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, o Coordinador do Proxecto, Xurxo Salgado e o Presidente da Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, presentarán un ciclo de roteiros para poñer en valor o patrimonio histórico e natural da Provincia, que promove o Executivo Provincial.
Xardíns –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para SON
13:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, presentarán as VIII Xornadas sobre migracións indianas-Feiras Indianas, coas que colabora o Goberno da Deputación.
Escola Habanera de Santaballa –Vilalba–
17:30 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández Méndez, acompañados de membros da Directiva do Club Baloncesto Breogán, participarán na recepción do equipo de baloncesto chino Shenzhen Leopards.
Concello –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Percorridos pola colección de numismática da Deputación”.
Museo Provincial –Lugo-