DOCUMENTOS PARA SOLICITAR SUBVENCIÓN DIRECTA NOMINATIVA PARA ASOCIACIÓNS

  • Solicitude para a concesión da subvención ( Anexo I ), datada e asinada polo representante legal da entidade, no que deberá constar:
    • Importe da subvención a solicitar
    • Declaración do representante de estar ao corrente de obrigas tributarias, e de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro e de non estar incurso en prohibición para ser beneficiario segundo o establecido na Lei Xeral de Subvencións e da Lei de Subvencións de Galicia.
    • Desglose de financiamento da actuación obxecto da subvención.
    • Declaración de se pode a entidade deducir o IVE da actuación a subvencionar.
    • Declaración xurada doutras subvencións e patrocinios, concedidas ou solicitadas.
    • Autorización do representante da entidade para que, de ser preciso a Deputación de Lugo, solicite certificados de cumprimento de obrigas ca Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e co Servizo de Recadación Provincial
       
  • Proxecto descritivo e valorado economicamente da actividade a subvencionar datado e asinado.
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade (cadrado, datado e asinado), en ningún caso os ingresos poden superar os gastos. Deberá ter en conta que, polo menos, o 5% do proxecto subvencionado, deberá ser financiado pola propia entidade beneficiaria.
  • Certificados acreditativos de estar ao corrente das súas obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social, expedidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Seguridade Social (para subvencións de importe superior a 3.000,00€).
  • Fotocopia do NIF do/a representante da entidade.
  • Fotocopia do NIF do/a secretario/a da entidade.
  • Fotocopia dos estatutos da entidade, inscritos no rexistro de asociacións correspondente. No caso de telos presentados con anterioridade, deberá achegar certificado do secretario da entidade de non ter producidas modificacións (Anexo II)
  • Solicitude de autorización para a subcontratación de actividades subvencionadas con Terceiros (Anexo III) .
  • Para o caso de que a actividade a subvencionar sexan obras: achegarase o compromiso da obtención de licenzas e autorizacións preceptivas para os efectos de cumprimento da legalidade urbanística, o respecto e protección do patrimonio histórico - artístico e do medio ambiente.
  • Certificado do secretario da entidade de (Anexo II):
    • Que a persoa asinante ten a capacidade de obrar ante a Deputación de Lugo como representante da legal da entidade.
    • Que na reunión da xunta directiva da entidade, celebrada o día __/___/____ acordouse por unanimidade, nomear como representante autorizado para as relacións desta entidade coa Deputación de Lugo. (no caso de non ser xa o representante legal)
    • Que segundo a documentación que figura nesta entidade, esta presenta notorias dificultades de carácter económico para poder realizar a actividade, sen o anticipo a conta do, coa dispensa de garantía (só no caso de solicitar anticipo e ser unha subvención por importe superior a 3.000,00€).
    • Que os estatutos da entidade presentados non sufriron modificacións nin actualizacións, atopándose en vigor na actualidade

NOTAS A TER EN CONTA:

Nas subvencións de importe igual ou superior a 60.000 € no caso de obras ou igual ou superior a 18.000 € no caso de servizos, deberase achegar adicionalmente:

  • Os 3 orzamentos segundo o artigo 31.3 da Lei Xeral de Subvencións.
  • Para o caso de adquisición de bens inmobles: o certificado do tasador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente Rexistro Oficial.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables (tanto para obras como para o resto de investimento), antes da concesión da subvención hai que:

  • Acreditar a propiedade ou dereitos de uso idóneos.