Argelio Fernández Queipo

Argelio Fernández Queipo

PSdeG-PSOE


Argelio Fernández Queipo naceu o 2 de febreiro de 1958 no núcleo de Outonais, parroquia da Trapa, na Fonsagrada. É traballador público en excedencia no Servizo de Conservación de Estradas en Asturias.

Estreouse na política nas eleccións municipais do 2007, cando ocupou o segundo posto da candidatura do PSdeG-PSOE no concello da A Fonsagrada. No 2009, converteuse en alcalde deste municipio logo de que o rexedor Ricardo Parada tivera que deixar o cargo por motivos de saúde.

Nos comicios municipais do 2011, Fernández Queipo encabezou a lista socialista na Fonsagrada, sendo elixido alcalde por maioría absoluta. Revalidou a ampla confianza dos seus veciños na cita coas urnas de 2015, cando volveu gañar as eleccións, sumando dúas maiorías absolutas consecutivas, que fixeron que continúe na Alcaldía.
Neste terceiro mandato progresista, Fernández Queipo entra a formar parte da Corporación provincial tras ser elixido deputado do PSdeG-PSOE polo partido xudicial da Fonsagrada.


COMPETENCIAS

O Vicepresidente substitúe ao Presidente en caso de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas funcións. É designado libremente polo Presidente.

Deputado da área de Xestión Territorial, Cooperación e Asistencia aos Concellos y Medio Ambiente

Deputado provincial polo Partido Xudicial da Fonsagrada

Membro da Xunta de Goberno



PATRIMONIO

PATRIMONIO

COMPETENCIAS

AXENDA INSTITUCIONAL

CONTACTO

CONTACTO