DOCUMENTOS PREVIOS AO CONVENIO PARA SOLICITAR SUBVENCIÓN DIRECTA NOMINATIVA PARA CONCELLOS
Pode descargar estas instruccións aquí e descargar toda a documentación aquí.
- Solicitude de concesión da subvención (achégase modelo no ANEXO I).
- Certificación do secretario municipal do acordo de solicitrude e da identidade do representante do concello(achégase modelo no ANEXO II)
- Autorización do representante da entidade para que, de ser preciso a Deputación de Lugo, solicite certificados de cumprimento de obrigas ca Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e co Servizo de Recadación Provincial (achégase modelo no ANEXO III)
- Declaración do representante de estar ao corrente de obrigas, non estar incurso en prohibición para ser beneficiario segundo o establecido na Lei Xeral de Subvencións e da Lei de Subvencións de Galicia (achégase modelo no ANEXO IV)
- Declaración de non deducir o IVE, se é o caso, e de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro (achégase modelo no ANEXO V)
- Desglose de financiamento da actuación obxecto da subvención. (achégase modelo no ANEXO VI)
- Declaración xurada doutras subvencións e patrocinios, concedidas ou solicitadas (achégase modelo no ANEXO VI-bis).Só no caso de ter patrocinios
- Solicitude de autorización para a subcontratación de actividades subvencionadas con Terceiros (achégase modelo no ANEXO VII).
- Fotocopia do NIF do representante da entidade
- Fotocopia do CIF da entidade
- Documento bancario no que se indique o número de conta da entidade beneficiaria e o seu CIF.
- Proxecto descritivo e valorado economicamente da actividade a subvencionar datado e asinado.
- Orzamento de ingresos e gastos da actividade (cadrado, datado e asinado), en ningún caso os ingresos poden superar os gastos.
NOTAS A TER EN CONTA:
Nas subvencións de importe igual ou superior a 60.000 € no caso de obras ou igual ou superior a 18.000 € no caso de servizos, deberase achegar adicionalmente:
- Os 3 orzamentos segundo o artigo 31.3 da Lei Xeral de Subvencións.
- Para o caso de adquisición de bens inmobles: o certificado do tasador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente Rexistro Oficial.
- No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables (tanto para obras como para o resto de investimento), antes da concesión da subvención hai que:
- Acreditar a propiedade ou dereitos de uso idóneos.
NOTA: procurarase que a sinatura do correspondente convenio se formalice por medios electrónicos